viernes, 15 de marzo de 2013

Cisma, na III edición do Festival Internacional de Artes Escénicas do Gran Caribe

O vindeiro mes de abril participaremos como compañía convidada na III edición do Festival Internacional de Artes Escénicas do Gran Caribe.
Presentaremos a nosa peza "Un disfraz equivocado" o Xoves 4  no Teatro Adolfo Mejía en Cartagena de Indias, o Venres 5 en Barranquilla e o Sábado 6 de novo en Cartagena de Indias na clausura do festival.

Estarán acompañándonos nesta andanza Teatro Engranaje de Chile, Danzartestudio de Curazao, Teatro A Cuestas de Cuba. E dende Colombia Escuela Circo Para Todos de Cali, Hety and Zambo de San Andrés, ademáis dos artistas cartageneros de Latin Dance, Corporación Cultural Atabaques, Grupo Heroicos, entre outros.
Cabe destacar a dobre presenza galega ca participación da compañía Inversa Teatro.
É para nós un pracer poder atravesar o Atlántico e compartir o noso traballo co público colombiano.





No hay comentarios:

Publicar un comentario