lunes, 26 de agosto de 2013

Video_"Entre nanas e escombros"

Xa temos video promocional do noso espectáculo  "Entre nanas e escombros" para a rúa.

Podedes botarlle unha ollada no seguinte link:

http://www.youtube.com/watch?v=n62CqsPNX08


Entre nanas e escombros (2013)


Eu quéroo todo, xa! 
Agora!

E que estea enteiro.

Non quero ser modesta,
nin contentarme cun anaco pequeno,
eu quero estar hoxe segura de todo,
e que iso sexa tan bo como cando eu era pequena.



En "Entre nanas e escombros” contraponse a obstinación e a obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil.

O mundo adulto é irrompido por flashes de inocencia provintes da infancia. A vida adulta aparece en contraste ó mundo infantil, que intercepta na rutina dos adultos, posibilitando así pinceladas absurdas dentro do serio mundo dos maiores, pero que ó mesmo tempo permite desvelar as contradiccións do mesmo.



DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Xiana Vilas
COREOGRAFÍA: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
INTERPRETACIÓN: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
ARRANXOS DE SON: Carlos Sarille

DURACIÓN: 40 min