miércoles, 18 de septiembre de 2013

Clases de Danza Contemporánea con Xiana Vilas na USC

Este curso 2013/2014, Xiana Vilas da Compañía Cisma impartirá as clases de danza contemporánea do grupo Avanzado do Espazo de Danza da USC:

Horarios:  Luns: 19:00 - 21:00
                 Mércores : 19:00 - 21:00
                 Venres: 14:30 - 16:30 (Compañía da USC)
Prazo de matrícula: do 16 de setembro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición
Duración do curso: do 7 de outubro de 2013 a 31 de marzo de 2014
Prezo :   Membros da comunidade universitaria: 85 euros.
             Xeral: 105 euros.
Nº de prazas: 15

3 créditos ECTS

OBXECTIVOS:
  • Acadar una conciencia corporal profunda, da estrutura ósea e muscular, que permita o dominio das diferentes posibilidades de movemento.
  • Utilizar o corpo como linguaxe de expresión a través da técnica contemporánea.
  • Dotar da fortaleza e flexibilidade requirida ó noso corpo para o uso dos límites de expresión do movemento.
  • Dominio do espazo, das direccións e distintas dinámicas de movemento.
  • Utilización adecuada da enerxía e o peso para acadar un movemento fluído.
CONTIDO DO TALLER:
  • Exercicios de control de peso, de autoconciencia corporal e do uso do centro corporal como motor do movemento.
  • Traballo das diferentes velocidades, precisión e calidades de movemento, establecendo as relacións co espazo e o tempo.
  • Investigación sobre as dinámicas de diferentes frases coreografiadas.
  • Exercicios para o control da enerxía, utilizando a mínima necesaria para que dote de fluidez e axilidade ó movemento.
  • Traballos en parella e en grupo para a toma de conciencia das posibilidades de relación co espazo e cos demais.