Creacións


Entre nanas e escombros (2013)

Eu quéroo todo, xa! 

Agora!
E que estea enteiro...


Non quero ser modesto,
nin contentarme cun anaco.

Eu quero estar hoxe seguro de todo,
e que iso sexa tan bo como cando eu era pequeno.



En "Entre nanas e escombros” se contrapón a obstinación e obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil.

O mundo adulto é irrompido por flashes de inocencia provintes da infancia. A vida adulta aparece en contraste ó mundo infantil, que intercepta na rutina dos adultos, posibilitando así pinceladas absurdas dentro do serio mundo dos maiores, pero que ó mesmo tempo permite desvelar as contradiccións do mesmo.



DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Xiana Vilas
COREOGRAFÍA: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
INTERPRETACIÓN: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
ARRANXOS DE SON: Carlos Sarille

DURACIÓN: 40 min

Obra apta para Rúa:


Obra apta para microdanza:

















Un disfraz equivocado (2011)




A identidade.

A miña identidade.


A túa.
A súa.
As nosas.
As outras.




A conxunción das identidades lévanos inevitablemente ó colectivo, e é na interacción cos demais que esta identidade vólvese feble. En busca dunha solución fácil as persoas en sociedade crean unha máscara que logo lles resulta difícil discernir da propia faz.


Preténdese destacar aqueles aspectos que forman parte das nosas traxectorias como seres humanos, recollemos momentos marcados por experiencias propias e que definen a nosa identidade. Pero esta peculiaridade individual lévanos a encontrar elementos comúns, experiencias vividas que se repiten, que forman parte duns e doutros, no fondo todos facemos parte dun todo idéntico, a sociedade. Os nosos intentos de diferenciación vense bloqueados polo colectivo. Estamos todos dentro dun escenario e cada un cumpre o seu papel.






No hay comentarios:

Publicar un comentario