sábado, 14 de diciembre de 2013

Romaría Artística Decembro 2013

Próxima parada !!! Romaría artística en Santiago de Compostela

Cando: 22 de Decembro do 2013 durante todo o día
Onde: Nave de San Lourenzo (Antiga Sala Nasa - Rúa de San Lourenzo n51)
Canto: 5 € ( o prezo inclúe a entrada a tódalas actividades e espectáculos)

Cisma estará nas noites da Gabeta a partir das 20:00

Animádevos!!


miércoles, 18 de septiembre de 2013

Clases de Danza Contemporánea con Xiana Vilas na USC

Este curso 2013/2014, Xiana Vilas da Compañía Cisma impartirá as clases de danza contemporánea do grupo Avanzado do Espazo de Danza da USC:

Horarios:  Luns: 19:00 - 21:00
                 Mércores : 19:00 - 21:00
                 Venres: 14:30 - 16:30 (Compañía da USC)
Prazo de matrícula: do 16 de setembro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición
Duración do curso: do 7 de outubro de 2013 a 31 de marzo de 2014
Prezo :   Membros da comunidade universitaria: 85 euros.
             Xeral: 105 euros.
Nº de prazas: 15

3 créditos ECTS

OBXECTIVOS:
  • Acadar una conciencia corporal profunda, da estrutura ósea e muscular, que permita o dominio das diferentes posibilidades de movemento.
  • Utilizar o corpo como linguaxe de expresión a través da técnica contemporánea.
  • Dotar da fortaleza e flexibilidade requirida ó noso corpo para o uso dos límites de expresión do movemento.
  • Dominio do espazo, das direccións e distintas dinámicas de movemento.
  • Utilización adecuada da enerxía e o peso para acadar un movemento fluído.
CONTIDO DO TALLER:
  • Exercicios de control de peso, de autoconciencia corporal e do uso do centro corporal como motor do movemento.
  • Traballo das diferentes velocidades, precisión e calidades de movemento, establecendo as relacións co espazo e o tempo.
  • Investigación sobre as dinámicas de diferentes frases coreografiadas.
  • Exercicios para o control da enerxía, utilizando a mínima necesaria para que dote de fluidez e axilidade ó movemento.
  • Traballos en parella e en grupo para a toma de conciencia das posibilidades de relación co espazo e cos demais.

lunes, 26 de agosto de 2013

Video_"Entre nanas e escombros"

Xa temos video promocional do noso espectáculo  "Entre nanas e escombros" para a rúa.

Podedes botarlle unha ollada no seguinte link:

http://www.youtube.com/watch?v=n62CqsPNX08


Entre nanas e escombros (2013)


Eu quéroo todo, xa! 
Agora!

E que estea enteiro.

Non quero ser modesta,
nin contentarme cun anaco pequeno,
eu quero estar hoxe segura de todo,
e que iso sexa tan bo como cando eu era pequena.



En "Entre nanas e escombros” contraponse a obstinación e a obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil.

O mundo adulto é irrompido por flashes de inocencia provintes da infancia. A vida adulta aparece en contraste ó mundo infantil, que intercepta na rutina dos adultos, posibilitando así pinceladas absurdas dentro do serio mundo dos maiores, pero que ó mesmo tempo permite desvelar as contradiccións do mesmo.



DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Xiana Vilas
COREOGRAFÍA: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
INTERPRETACIÓN: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
ARRANXOS DE SON: Carlos Sarille

DURACIÓN: 40 min


martes, 30 de julio de 2013

Noutros lugares do mundo_Ciudad Movil_Cartaxena de Indias (Colombia)


Un pracer comprobar que siguen existindo centros sociais como estes, e tan cheos de boas iniciativas.   
 
Moi contentas de ter compartido unha parte do noso traballo con vós.
Gracias Ciudad Móvil.
 
 
Un placer comprobar que siguen existiendo centros sociales como estos y tan llenos de buenas iniciativas.
 
Muy contentas de haber compartido una parte de nuestro trabajo con vosotros.
Gracias Ciudad Móvil
 
 
 

Xiana Vilas e Isabel Sánchez

Claudia Delso

"Un disfraz equivocado"_ Cía Cisma

jueves, 13 de junio de 2013

Cancelado


Por motivos alleos á compañía non se realizarán as función previstas para o vindeiro 21 de Xuño en Vigo.
¡Agardamos vervos moi pronto!




QUÉ: "Un disfraz equivocado" (Microdanza)
CANDO: Venres 21 de Xuño:   20:30 / 21:00 / 21:30
ONDE: LaLabandería - VIGO   (Calle Príncipe, 22, Bajo)


PREZO: 3 €







Animádevos, vigueses/as!!

sábado, 8 de junio de 2013

Entre nanas e escombros

Esta semana estivemos presentando a nosa peza "Entre nanas e escombros" en formato microdanza en Santiago de Compostela . 

Moitas  grazas á Regadeira de Adela por contar con nós e a todos aqueles que nos acompañaron e nos mostraron o seu cariño. 

Esperamos poder seguir compartindo o noso traballo con todos vós. 





"Eu quéroo todo, xa!
Agora!
e que estea enteiro!
 non quero ser modesta,
nin contentarme cun anaco pequeno 
eu quero estar hoxe segura de todo 
e que iso sexa tan bo como cando eu era 
pequena"







Dúo de Xiana Vilas e Isabel Sánchez





lunes, 29 de abril de 2013

Día Internacional da Danza 2013

Dende Cisma Danza unímonos á celebración do Día Internacional da Danza. Porque como diría Pina, senon bailamos estamos perdid@s. Así que DANZAD, DANZAD, MALDIT@S! E parabéns a tod@s!


jueves, 11 de abril de 2013

La Tuerka 27 - Seguimos coa Microdanza


A Compañía Cisma chega a A Coruña para presentar unha versión de 30 minutos do seu espectáculo "Un disfraz equivocado" co que estiveron convidadas no III Festival de Artes Escénicas del Gran Caribe.


Onde: La Tuerka 27 - A Coruña   (Doctor Fleming, 27 bajo. 15005)
Cando: 13 de Abril do 2013 
            3 pases - 21:00, 22:00, 23:00
 Prezo: 4 €





"Un disfraz equivocado" está inspirada no poema "A tabaquería" de Fernando Pessoa e na obra escultórica de Pablo Barreiro. 


Para máis información: La Tuerka 27



viernes, 15 de marzo de 2013

Cisma, na III edición do Festival Internacional de Artes Escénicas do Gran Caribe

O vindeiro mes de abril participaremos como compañía convidada na III edición do Festival Internacional de Artes Escénicas do Gran Caribe.
Presentaremos a nosa peza "Un disfraz equivocado" o Xoves 4  no Teatro Adolfo Mejía en Cartagena de Indias, o Venres 5 en Barranquilla e o Sábado 6 de novo en Cartagena de Indias na clausura do festival.

Estarán acompañándonos nesta andanza Teatro Engranaje de Chile, Danzartestudio de Curazao, Teatro A Cuestas de Cuba. E dende Colombia Escuela Circo Para Todos de Cali, Hety and Zambo de San Andrés, ademáis dos artistas cartageneros de Latin Dance, Corporación Cultural Atabaques, Grupo Heroicos, entre outros.
Cabe destacar a dobre presenza galega ca participación da compañía Inversa Teatro.
É para nós un pracer poder atravesar o Atlántico e compartir o noso traballo co público colombiano.





domingo, 10 de marzo de 2013

Talleres de danza contemporánea con Iker Gómez:

TALLER DE DANZA CONTEMPORÁNEA CON IKER GÓMEZ
 

20 E 21 DE ABRIL
NO CONSERVATORIO DE MÚSICA E DANZA MAYEUSIS DE VIGO
C/AREAL, 118
TLFN: 986 226 378
SÁBADO 20: 16.00 - 20.00 HRS CLASE + TALLER.
DOMINGO 21: 10.00 - 14.00 HRS CLASE + TALLER.
16.00 - 17.00 HRS MOSTRA VÍDEO DANZA DE IKER GÓMEZ.
17.00 - 18.00 HRS RESUMO E MOSTRA DO TALLER.
PRECIO : 60 €