martes, 21 de agosto de 2012

Formación Setembro 2012 no CCG _ Danza Clásica con Maite Quiñones




Datas: Do 3 ó 7 de Setembro do 2012
Horario: De 10.30 a 12.30 h
Lugar: Centro Coreográfico Galego – Av. de Glasgow, 11 (A Coruña)
Nivel: Medio-alto
Número de prazas: 25
Precio: Taller completo/ 60 euros; clase solta/ 15 euros
Inscripcións: Os/as interesados/as deben cumplimentar a solicitude de matrícula e remitila a:
actividades.ccg@xunta.es

Plazo máximo de entrega de solicitudes: 27 de agosto
Número de plazas mínimo para realizar el taller: 10


Maite Quiñones:

No ano 1979 comeza a súa carreira de danza clásica no Conservatorio Superior de Danza de Madrid. Paralelamente fai cursos con profesores de renome como Carmen  Roche, Carmina Ocaña, Emilio Altés, Cristiane Marchant, Virginia Valero ou Mariana Sedova entre outros.

En 1985 foi selecionada para a produción de José Granero “Bohemios”. Ao ano seguinte remata a súa carreira de danza clásica e decide abrir a Escola Maite Quiñones en Cangas do Morrazo. Dous anos máis tarde comeza a presentar alumnos/as aos exámenes do Conservatorio Superior de Madrid.

No ano 1997 rexístrase como profesora na Royal Academy of Dancing de Londres presentando tamén a os seus alumnos/as aos exámenes. Ao longo da súa carreira como docente ten presentado tamén aos seus alumnos/as a diversos concursos nacionais e internacionais.


Podes descargar a solicitude de inscripción a través da seguinte páxina:
http://www.danza.es/convocatorias/recurso.2012-08-03.9807070821/view?searchterm=maite