Horarios: Luns: 19:00 - 21:00
Mércores : 19:00 - 21:00
Venres: 14:30 - 16:30 (Compañía da USC)
Prazo de matrícula: do 16 de setembro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición
Duración do curso: do 7 de outubro de 2013 a 31 de marzo de 2014
Prezo : Membros da comunidade universitaria: 85 euros.
Xeral: 105 euros.
Nº de prazas: 15
3 créditos ECTS
3 créditos ECTS
+info: ciacisma@hotmail.com
OBXECTIVOS:
- Acadar una conciencia corporal profunda, da estrutura ósea e muscular, que permita o dominio das diferentes posibilidades de movemento.
- Utilizar o corpo como linguaxe de expresión a través da técnica contemporánea.
- Dotar da fortaleza e flexibilidade requirida ó noso corpo para o uso dos límites de expresión do movemento.
- Dominio do espazo, das direccións e distintas dinámicas de movemento.
- Utilización adecuada da enerxía e o peso para acadar un movemento fluído.
CONTIDO DO
TALLER:
- Exercicios de control de peso, de autoconciencia corporal e do uso do centro corporal como motor do movemento.
- Traballo das diferentes velocidades, precisión e calidades de movemento, establecendo as relacións co espazo e o tempo.
- Investigación sobre as dinámicas de diferentes frases coreografiadas.
- Exercicios para o control da enerxía, utilizando a mínima necesaria para que dote de fluidez e axilidade ó movemento.
- Traballos en parella e en grupo para a toma de conciencia das posibilidades de relación co espazo e cos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario