Compañía Cisma



A Compañía Cisma nace en 2009, fundada por Xiana Vilas e Isabel Sánchez. O interese común por establecer novos diálogos con outras disciplinas e a procura de novas formas de expresión a través do movemento, son os eixos principais en torno ós que xira o traballo desta compañía.
























En 2011 únese á compañía a bailarina e actriz Fiona B. McCudden despois da súa colaboración en “Macho” con David Loira.

En Xullo do 2011 a cia Cisma desfruta dunha Residencia Artística na Sala Santart. Ó remate desta residencia estréase a obra “Un disfraz equivocado” na Sala Santart en Santiago de Compostela.



Froito dunha traxectoria irreversible únese á compañía a artista multidisciplinar Claudia Delso que participará nas proximas funcións de Un disfraz equivocado.


Cabe destacar a sua participacion na III edición no Festival de Artes escénicas do Gran Caribe (Colombia) en Abril do 2013.
 
 

 
Actualmente traballan na producción “Entre nanas e escombros”, peza versátil que foi exhibida en diversos espazos neste ano.






No hay comentarios:

Publicar un comentario