A bailarina ofrece un taller de danza contemporánea e medicinal xaponesa na Igrexa da
Universidade.
A danza contemporánea encherá de novo o espazo da Igrexa da Universidade, esta vez
da man da bailarina xaponesa Yuko Hashimoto, que impartirá un taller entre os días 22 e
24 de maio no que o alumnado poderá ademais experimentar coa danza medicinal
xaponesa.
As tres xornadas de traballo, de 16.00 a 19.00 horas, culminarán o xoves 24 ás 20.30
horas nunha performance pública cos alumnos e alumnas. Xa o sábado 26, tamén na
Igrexa, a propia Hashimoto actuará ás 20.30 horas acompañada da bailarina Nanako
Horikawa e coa música ao piano de Kanako Horikawa.
O taller ten un custo de 20 euros para a comunidade universitaria e de 50 euros para
o público xeral. As persoas interesadas en participar poden pedir máis información
na Área de Cultura da USC, nos teléfonos 881811103 e 881811018.
Yuko Hashimoto, bailarina xaponesa con nacionalidade norteamericana, formouse en
pedagoxía e danza nas universidades de Gakugei e Ochanomizu de Tokio e no Centro
Brockport da Universidade do Estado de Nova York onde actualmente desenvolve a súa
actividade. Está especializada en pedagoxía da danza na educación escolar e en danza
somática aplicada a terapias de mobilidade. Entre as súas coreografías destacan 'Addicted
Passion', 'Surge', 'Booooon', 'Hokage', 'Memento', 'Super 5', ' Li-ve-rve' e 'Merge'
No hay comentarios:
Publicar un comentario